sábado, 22 de agosto de 2015

PRIMERA SALIDA DE CONVIVENCIA DE FAMILIAS DE TEAVI

Primera salida de convivencia de familias de TEAVI.
     
                                                     TEAVI NA CAÑIZA
TEAVI (Asociación del Trastorno do Espectro Autista de Vigo)
Trátase dunha Asociación de recente creación, que nace co propósito de dar apoio e resposta ás necesidades das persoas afectadas, e intentar así mellorar a súa integración tanto no ámbito social e das relacións, como no ámbito escolar ou laboral, ademáis de orientar ás familias e ó resto de persoas do seu entorno que o requiran (escola, coidadores, posto de traballo...). TEAVI nace en Vigo, pero pretende abarcar ademáis da cidade, arrededores e zonas próximas, para dar cobertura ó maior número de persoas posibles.
O pasado 14 de marzo, nenos/as e pais de TEAVI, así como coidadores e terapeutas, estivemos na Cañiza participando nunha xornada de ocio. Fomos recibidos polo Alcande Miguel Domínguez, que dende o primeiro momento amosouse comprometido e colaborador coa nosa Asociación, favorecendo que esta actividade se levara a cabo na Cañiza.
Comezamos visitando a Explotación de Porco Celta da Vila, onde fomos moi ben acollidos polos veciños de Petán. Os nenos percorreron a explotación e puideron observar os exemplares, mentres escoitaban as explicacións do guía sobre a súa crianza e ás súas características máis relevantes. Tras a excursión, estivemos comendo no Camping Carballo do Marco, onde Luis e o seu equipo nos atenderon moi ben. Despóis de xantar, visitamos as instalacións da Panadería Pirucho, onde tanto nenos/as e pais, asistiron ó proceso de elaboración do pan e participaron no mesmo. A merenda correu a cargo de Panadería Pirucho, que elaborou para os nenos pizzas e empanadas.
Todos pasamos un día fantástico, e por iso dende TEAVI, queremos agradecer a súa implicación e axuda ó alcalde da vila, a Luis (encargado do camping) e á xente que traballa con él. Ademáis queremos facer unha mención especial a Panadería Pirucho, que dende o momento que lle plantexamos a posibilidade de realizar a actividade nas súas instalacións, amosouse disposto e involucrouse de forma totalmente desinteresada. Queremos darlle as grazas polo trato paciente e amable que Alberto, o seu xerente, tivo con todos nós, ó igual que ós seus empregados Cristian e Laura. De verdade, moitas grazas a todos.

TEAVI.
             Texto: Marta Rodriguez Marquez

            





No hay comentarios:

Publicar un comentario